Sunday 28 de April de 2024

Abegondo celebra o Día das Bibliotecas cun taller para espertar a imaxinación dos pequenos


• A actividade terá lugar mañá, martes 24 de outubro, ás 17.30 horas na biblioteca municipal.

Coincidindo co Día das Bibliotecas, Abegondo acollerá mañá, martes 24 de outubro, o taller Desprega a túa imaxinación. A actividade, dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, terá lugar ás 17.30 horas en biblioteca municipal.

Durante a actividade, os pequenos participantes viaxarán a un mundo en de creatividade no que descubrirán diferentes técnicas e mecanismos cos que crear o seu propio libro pop-up (despregable).

As persoas interesadas en asistir poderán reservar os seus convites a través dos teléfonos 981 647 909 e 981 669 266.